sábado, 25 de abril de 2009

Rebolo

A súa área de distribución natural é moi reducida. Comprende a Francia occidental, a península Ibérica e o noroeste de Marrocos.
Dentro de España está moi estendido, presentándose en case todas as provincias.


Descrición :

É unha árbore robusta, caducifolia, con talla moderada, de 4-25 m e copa ancha e irregular e que se atopa normalmente dende 400 a 1600 m.
Ten unha cortiza de cor parda e unhas follas pinnatífidas, pubescentes. Son simples, alternas, marcescentes, cenicento-rosadas; moi tomentosas de xoves e despois verde escuras.
As follas secas permanecen na árbore gran parte do inverno sendo resistentes ao caer ao chan.
Pode vivir entre 500 e 600 anos e ten un destacable papel protector nas montañas silíceas.
É unha árbore escasa e está en perigo de desaparición xa que foi sometida a talas abusivas e ten unha gran competencia coas especies foráneas.
Soporta ben as xeadas e é menos esixente en canto a humidade que outras árbores da Península.
Encóntrase case sempre en zonas umbrías e é unha especie de media luz. Prefire chans silíceos puros ou en mistura coa arxila.

Froitificación :

Froito en bellota, sentada sobre un longo pedúnculo; a cúpula é vellosa, coas escamas curtas, pouco ou nada saíntes.

Froito aquenio, cuberto na base pola cúpula acrescente.
Os froitos maduran a comezos do outono e cando caen ao chan poden rebrotar con facilidade e formar masas arbustivas arredor.

Utilidades :

É pouco útil para a construción e os seus ramos úsanse como alimento de animais pactantes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario