sábado, 25 de abril de 2009

Pradairo

O pradairo común (Acer pseudoplatanus L.) é unha árbore da familia das Sapindaceae.
É unha árbore de medre rápido nos primeiros anos, que rebrota doadamente do tronco cando se lle corta.
Florece entre 20 a 25 anos, en abril e maio. Os froitos aparecen a finais do verán e mantéñense bastante na árbore.
Prefire chans ricos e, sobre todo, calizos. Polo xeral aparece en poboacións espalladas no medio doutras especies,
nomeadamente acompañando faias e abetos. En Galicia pode verse no interior á beira de ríos e regatos e nos parques e alamedas.

Descrición :

É unha árbore grande, de talo lanzal, que pode acadar 35 m de altura e un diámetro duns 3,5 m ( a 1,5 m sobre o chan).
A cortiza é de primeiras dun gris amarelento, logo gris avermellado, e pode escamar en placas grandes.
As follas son opostas (como en todas as árbores do xénero acer), caducas, palmeadas con cinco lobos en punta, de dentes romos, separados por seos agudos. Estas follas, de pecíolo longo, son verde-escuras na cara superior e verde-glauco no anverso,onde mostran pelos nos nervos.
As flores de cor verde-amarelo, agrupadas en corimbos, aparecen antes que as follas. Teñen 5 sépalos, 5 pétalos e 8 estames.
Os froitos son en sámara con ás largas e pregadas, formando ángulo recto.

Utilación :

O pradairo, como autros arces, cultívase como planta ornamental.A madeira, branca e bastante dura, úsase en carpintería e en torneados.
Un emprego salientable é para fabricación de instrumentos musicais.
En tempos utilizouse para facer zocas.
Fornece tamén unha execelente madeira para queimar.

Mitoloxia :

Segundo a tradición alemá as cigoñas engadían ponlas de pradairos para evitar a esterilidade que lle traían os morcegos.
Na mitoloxía húngara está asociado cos malos recordos e a melancolía. Segundo a lenda un pastor fixo unha frauta cunha ponla dun pradairo, e ao tocala contaba a historia dunha princesa asasinada por envexa polas fillas do rei e que este soterrou baixo o pradairo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario