miércoles, 1 de abril de 2009

ACIVRO

O acivro (Ilex aquifolium L.) é unha árbore perenne da familia aquifoliáceas. Medra en bosques no oeste, centro e sur de Europa. En Galicia dáse sobre todo nas zonas montañosas e chuviosas do centro e interior. Existen ejemplos de bosques de acivro monoespecificos na serra dos Ancares e na serra do Invernadoiro (Ourense), sendo ademais unha especie bastante frecuente nas catro provincias de maneira silvestre e tamén moi popular nos xardins galegos.

Caracteristicas :
Ten unha altura de entre 2 e 5 m, aínda que hai exemplares de ata 15 m. A súa copa, cónica, ten forma de espiral con pólas ascendentes nas árbores novas, pero co tempo vólvese mesta e irregular. As follas son moi variables, aínda que adoitan ser coriáceas, elípticas e cos bordos ondulados, de entre 6 e 8 cm de lonxitude, co extremo en forma de punta.
As flores son unisexuais e dioicas: flores masculinas e femininas nacen en diferentes árbores, en inflorescencias mestas, situados na base das follas. Son flores brancas e pequenas, de entre 6 e 8 mm. O froito é unha baga carnosa, dunha viva cor vermella, de entre 7 e 10 mm de diámetro,que contén catro sementes duras; son velenosos para o home, maduran no outono e permanecen na árbore ata finais do inverno.

Curiosidades :

A súa madeira, que antigamente se empregaba en ebanisteria e torneiría é de cor branca, e moi dura e resistente, polo que é difícil de traballar.
Dos seus toros e ramas cocidos obtense unha substancia adherinte, contida na casca, coñecida como liga que se utilizou tradicionalmente para a caza de paxaros.
As follas úsanse como
laxantes, e os froitos como purgantes ou eméticos (a pesar do perigo do seu uso). O acivro tamén é bo como diurético e contra a bronquite, a reuma e a artrite. Tamén se utilizou no tratamento das frieiras.
Os
manciñeiros utilizaban o acivro para cura-lo torzón (cólico) dos cabalos, dándolles pequenos golpes cunha variña de acivro.
Os
celtas considerábanno unha árbore sagrada, con capacidade para atraer a boa sorte. Empregábase nos rituais do solsticio de inverno.
Os xermanos colocaban unha póla de acivro no inverno na entrada das súas casas, e os romanos asociábanno ás festas saturnais.

O acivro no Nadal :
A árbore emprégase en moitos países como motivo ornamental durante as festas de Nadal, o que pode pór en perigo a propia existencia do acivro: a especie está protexida pola lei e o seu comercio ou extracción procedente de exemplares silvestres está prohibido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario