lunes, 25 de mayo de 2009

Distribución das principais especies arboreas.


Diapositiva 13
1.Teixedal localizado en Pena Trevinca
2. Chandrexa de Queixa, lugar onde mais abundan os bidueiros.
3. Monumento natural da Fraga de Catasós.
4. Espacio natural das Fragas do Eume.
5. Parque natural das Illas Cies

domingo, 26 de abril de 2009

Teixo(Taxus baccata)

Árbore de folla perenne de ata 15 metros de altura co toro recto, a casca avermellada e escamenta e ponlas abundantes e horizontais que saen desde a base.

As flores son unisexuais e nacen en pés diferentes. As masculinas forman inflorescencias pequenas de cor amarela palida e brotan sobre as axilas das follas. As femeninas nacen illadas no extremo dos brotes, están reducidas a un óvulo envolto por brácteas.

É unha árbore moi lonxeva e gosta de lugares sombrizos.

Todas as partes do teixo son venenosas agás o arilo que recobre a semente. Contén un alcaloide, a taxina, que produce a morte en pouco tempo.
Conta a lenda que os galaicos do Monte Medulio suicidaronse tomando unha beberaxe feita con frotios de teixo para non ter que rendirse ante os romanos.

Usos:
-Madeira: A madeira é de boísima calidade e resiste moi ben a podremia, polo que se usaba para a construcción de barcos, vigas, arcos, rodas de carro, etc.
-Casca: dela extraeuse unha substancia, o taxol, que actúa como anticanceríxeno.
-Follas: usáronse como antídoto contra as mordeduras de víbora, contra a rabia e como abortivo.

sábado, 25 de abril de 2009

Rebolo

A súa área de distribución natural é moi reducida. Comprende a Francia occidental, a península Ibérica e o noroeste de Marrocos.
Dentro de España está moi estendido, presentándose en case todas as provincias.


Descrición :

É unha árbore robusta, caducifolia, con talla moderada, de 4-25 m e copa ancha e irregular e que se atopa normalmente dende 400 a 1600 m.
Ten unha cortiza de cor parda e unhas follas pinnatífidas, pubescentes. Son simples, alternas, marcescentes, cenicento-rosadas; moi tomentosas de xoves e despois verde escuras.
As follas secas permanecen na árbore gran parte do inverno sendo resistentes ao caer ao chan.
Pode vivir entre 500 e 600 anos e ten un destacable papel protector nas montañas silíceas.
É unha árbore escasa e está en perigo de desaparición xa que foi sometida a talas abusivas e ten unha gran competencia coas especies foráneas.
Soporta ben as xeadas e é menos esixente en canto a humidade que outras árbores da Península.
Encóntrase case sempre en zonas umbrías e é unha especie de media luz. Prefire chans silíceos puros ou en mistura coa arxila.

Froitificación :

Froito en bellota, sentada sobre un longo pedúnculo; a cúpula é vellosa, coas escamas curtas, pouco ou nada saíntes.

Froito aquenio, cuberto na base pola cúpula acrescente.
Os froitos maduran a comezos do outono e cando caen ao chan poden rebrotar con facilidade e formar masas arbustivas arredor.

Utilidades :

É pouco útil para a construción e os seus ramos úsanse como alimento de animais pactantes.

Pradairo

O pradairo común (Acer pseudoplatanus L.) é unha árbore da familia das Sapindaceae.
É unha árbore de medre rápido nos primeiros anos, que rebrota doadamente do tronco cando se lle corta.
Florece entre 20 a 25 anos, en abril e maio. Os froitos aparecen a finais do verán e mantéñense bastante na árbore.
Prefire chans ricos e, sobre todo, calizos. Polo xeral aparece en poboacións espalladas no medio doutras especies,
nomeadamente acompañando faias e abetos. En Galicia pode verse no interior á beira de ríos e regatos e nos parques e alamedas.

Descrición :

É unha árbore grande, de talo lanzal, que pode acadar 35 m de altura e un diámetro duns 3,5 m ( a 1,5 m sobre o chan).
A cortiza é de primeiras dun gris amarelento, logo gris avermellado, e pode escamar en placas grandes.
As follas son opostas (como en todas as árbores do xénero acer), caducas, palmeadas con cinco lobos en punta, de dentes romos, separados por seos agudos. Estas follas, de pecíolo longo, son verde-escuras na cara superior e verde-glauco no anverso,onde mostran pelos nos nervos.
As flores de cor verde-amarelo, agrupadas en corimbos, aparecen antes que as follas. Teñen 5 sépalos, 5 pétalos e 8 estames.
Os froitos son en sámara con ás largas e pregadas, formando ángulo recto.

Utilación :

O pradairo, como autros arces, cultívase como planta ornamental.A madeira, branca e bastante dura, úsase en carpintería e en torneados.
Un emprego salientable é para fabricación de instrumentos musicais.
En tempos utilizouse para facer zocas.
Fornece tamén unha execelente madeira para queimar.

Mitoloxia :

Segundo a tradición alemá as cigoñas engadían ponlas de pradairos para evitar a esterilidade que lle traían os morcegos.
Na mitoloxía húngara está asociado cos malos recordos e a melancolía. Segundo a lenda un pastor fixo unha frauta cunha ponla dun pradairo, e ao tocala contaba a historia dunha princesa asasinada por envexa polas fillas do rei e que este soterrou baixo o pradairo.

jueves, 9 de abril de 2009

Capudre (Sorbus aucuparia L.)

É una árbore anxioesperma da familia das rosáceas. Pode acadar ata 8 ou 10 metros. Trátase dunha árbore pequena.

O capudre en flor e doado de identificar, como dice o outro non ten perda, onde se da é único. Xa sin flor e pelado é outra historia. As follas son bastante típicas, caedizas, alternas, imparipinnandas, compostas de 11-15 foliolos de entre 2-6 cm. cada un, lanceoladas, arredondeadas na base, agudos no ápice, dentados, dun verde claro na face.

Trátase dunha árbore de alta montaña, vese moito nos Pirineos e por suposto nas montañas de Ourense (invernadeiro, Chandrexa, Xurés, Pena Trevinca...) e o Courel en Lugo. Abunda moito en moitas zonas de Ourense. Concretamente na zona de Chandrexa, xunto o río Navea hai moitos. Tamén na zona do Invernadeiro, Verín, etc.

As flores: son racimos pequenos, moi olorosas, de cor branco. Florecen entre maio e xuño.

O froito: é como un racimiño, globoso, primeiro amarelo e logo pode ser vermello como se mostra na fotografía. O froito pode permanecer durante todo o inverno.

O tronco: é dereito e a cáscara tena clara e agrisada.

O interés: Moi estimada dende o punto de vista ornamental, xa que o seu froito dura moito tempo. A madeira é dura, e polo tanto é aproveitada por torneiros e ebanistas.Como medicinal os froitos teñen capacidades ou propiedades diuréticas.O froito non é comestible pero hai moitas aves que o aproveitan na súa dieta.


miércoles, 8 de abril de 2009

Ameneiro

O ameneiro (Alnus glutinosa) é unha árbore da familia das betuláceas. Atópase en toda Europa, Siberia e norte de África, e chega ata os 20-30 metros de altura. A súa copa, de forma cónica ou piramidal, está moi poboada con follas arrendoadas de base puntiaguda e beiras onduladas e dentadas, e flores brancas formando espigas. A súa madeira é resistente, doada de traballar e consérvase baixo a auga.
A floración prodúcese antes de aparecé-las follas. Os amentos masculinos, de 5 a 10 cm, son delgados, cilíndricos e pendulares, de cor avermellada e os femininos son máis pequenos (2 cm),de cor marrón escura a negra, duros e gardando certa similitude coas coníferas
.


O ameneiro en Galicia :

En Galicia atopase ó longo de todolos rios galegos, e en moitas ocasions forma auténticos bosques de galería, xunto con outras especies.. É unha especie que fixa o nitróxeno atmosférico, protexe o solo e crea auténticas illas de vexetación.

Curiosidades :

A leña utilizábase para os fornos xa que ardía pronto e daba moita calor, e as follas eran utilizadas para sanar os pés doridos, as picadas de insectos, ou para producir a retirada do leite nas mulleres.
O carbón vexetal producido da súa madeira empregouse na fabricación de pólvora.
O amieiro resiste ben a auga por eso se utilizaba moito nos muíños pontes, etc, e tamén como madeira para as famosas zocas.

Aparte é astrinxente, febrífugo, antirreumático e antihemorráxico.


Aciñeira

A aciñeira (Quercus ilex) é unha árbore cupulífera parecida ao carballo. Encóntrase no sur de Europa, adoita plantarse como protección, especialmente xunto ao mar, pola súa resistencia aos ventos e á contaminación das cidades. En España desenvólvese nos bordes da rexión mediterránea, e é a especie máis característica da Península Ibérica. En Galicia localízase nas zonas mediterráneas da provincia de Ourense e no sur de Lugo chagando a ascender ata os 1000 m. de altitude, ainda que nese caso busca as zonas rochosas e as fendas, onde o solo é escaso e a capacidade de retención de auga baixa.


Descrición :

Alcanza unha altura de 20-27 m. A copa é densa e redondeada, cun toro curto e pólas rectas e ascendentes. As follas varían dende as de forma estreita e longa a outras ovaladas. Nas beiras son onduladas ou teñen dentes espiñentos agromando de abril a maio. Os seus froitos, landras, son de cor verde clara de entre 1'5 e 2 cm de lonxitude. Florece na primavera e as landras maduran no outono, as cales son utilizadas como alimento do gando e que antigamente, formaban parte da dieta dos primitivos pobos mediterráneos.


A aciñeira ten unha lonxevidade de 200 a 500 anos, e a súa madeira é moi dura, pesada, forte, resistente e de doada modelación, sendo empregada para facer rodas, en carpintaría, para combustible e carbón vexetal.