sábado, 4 de abril de 2009

CASTIÑEIRO

Non se sabe con certeza cándo apareceron os primeiros castiñeiros en Galicia aínda que se sabe que a enfermidade da tinta ocasionou a morte de moitos destes en Europa. En Galicia a súa incidencia foi especialmente forte arredor do ano 1.920.
En Galicia as maiores masas de Castiñeiros atópanse actualmente nas montañas dos Ancare
s e do Caurel pero tamén podemos atopar soutos moi fermosos na provincia de Ourense, por exemplo na zona de Trives-Manzaneda, ou na zona de Laza.
En Galicia é moi frecuente atopar castiñeiros demoucados. Son castiñeiros que se cortan a unha altura de unos dous metros dende o chau, para aproveitarlle a madeira, e que logo voltaron a botar novos paus, que de novo se van cortando periódicamente. Así formase un castiñeiro con un pé moi gordo e vello, de dous a catro metros de altura, e logo con uns cantos paus mais novos que medran por enriba deste pé.


Castiñeiros máis lonxevos de Galicia :
En Galicia dise que o castiñeiro máis vello é o de os Pombariños, no concello de Manzaneda (Ourense). Calcúlase que ten arredor de 1.000 anos e que o seu pé ten unha circunferencia de 13,85 metros.
Tamén son sonados os Castiñeiros de Quintela, que teñen arredor de 200 anos e destacan pola súa altura que nalgún caso sobrepasa os 30 metros, e un fermoso souto con varios castiñeiros centenarios, entre os que se atopa o castiñeiro das Millaras en Laza, Ourense.

Os froitos do castiñeiro: ecoloxía, madeira e castaña
O castiñeiro ten hoxe un doble valor: ecolóxico e económico.
Valor ecolóxico: As follas do castiñeiro caen, pudren, e fan solo, aumentando a capa de humus. Arredor do castiñeiro desenrólanse moitas especies vexetais. A castaña sirve de alimento a moitos animais salvaxes, a sombra dun castiñeiro é boa e fresca, e os soutos de castiñeiros dan lugar a paisaxes fermosas que enriquecen o patrimonio natural de Galicia.
Valor económico: a madeira e as castañas.
A madeira de castiñeiro é unha madeira noble, boa, fermosa, e moi duradeira. En Galicia foi usada tradicionalmente para as vigas ou traves da casa .... O baldaquino da nave central da catedral de Santiago e a sillería do coro están feitos con madeira de castiñeiro. Ademais, a castaña sigue tendo importancia na alimentación.
O castiñeiro é unha especie monoica, e por iso un mesmo castiñeiro bota flores masculinas (candeas) e flores femeninas (que están agochadas na base das candeas). A fecundación das femeninas polo polen das masculinas da orixe ós urizos e ás castañas. E das flores dos castiñeiros tamén obteñen as avellas moito polen e nectar para facer mel.
O futuro do castiñeiro :
En Europa, o abandono do cultivo agrícola en moitas terras pode dar lugar a que nelas se pranten castiñeiros polo que podería ter moito futuro.
Se o castiñeiro leva 40 millóns de anos vivindo niste Planeta , seguramente, "mentras haxa Terra haberá castiñeiros".

No hay comentarios:

Publicar un comentario