miércoles, 8 de abril de 2009

Ameneiro

O ameneiro (Alnus glutinosa) é unha árbore da familia das betuláceas. Atópase en toda Europa, Siberia e norte de África, e chega ata os 20-30 metros de altura. A súa copa, de forma cónica ou piramidal, está moi poboada con follas arrendoadas de base puntiaguda e beiras onduladas e dentadas, e flores brancas formando espigas. A súa madeira é resistente, doada de traballar e consérvase baixo a auga.
A floración prodúcese antes de aparecé-las follas. Os amentos masculinos, de 5 a 10 cm, son delgados, cilíndricos e pendulares, de cor avermellada e os femininos son máis pequenos (2 cm),de cor marrón escura a negra, duros e gardando certa similitude coas coníferas
.


O ameneiro en Galicia :

En Galicia atopase ó longo de todolos rios galegos, e en moitas ocasions forma auténticos bosques de galería, xunto con outras especies.. É unha especie que fixa o nitróxeno atmosférico, protexe o solo e crea auténticas illas de vexetación.

Curiosidades :

A leña utilizábase para os fornos xa que ardía pronto e daba moita calor, e as follas eran utilizadas para sanar os pés doridos, as picadas de insectos, ou para producir a retirada do leite nas mulleres.
O carbón vexetal producido da súa madeira empregouse na fabricación de pólvora.
O amieiro resiste ben a auga por eso se utilizaba moito nos muíños pontes, etc, e tamén como madeira para as famosas zocas.

Aparte é astrinxente, febrífugo, antirreumático e antihemorráxico.


No hay comentarios:

Publicar un comentario