miércoles, 8 de abril de 2009

Aciñeira

A aciñeira (Quercus ilex) é unha árbore cupulífera parecida ao carballo. Encóntrase no sur de Europa, adoita plantarse como protección, especialmente xunto ao mar, pola súa resistencia aos ventos e á contaminación das cidades. En España desenvólvese nos bordes da rexión mediterránea, e é a especie máis característica da Península Ibérica. En Galicia localízase nas zonas mediterráneas da provincia de Ourense e no sur de Lugo chagando a ascender ata os 1000 m. de altitude, ainda que nese caso busca as zonas rochosas e as fendas, onde o solo é escaso e a capacidade de retención de auga baixa.


Descrición :

Alcanza unha altura de 20-27 m. A copa é densa e redondeada, cun toro curto e pólas rectas e ascendentes. As follas varían dende as de forma estreita e longa a outras ovaladas. Nas beiras son onduladas ou teñen dentes espiñentos agromando de abril a maio. Os seus froitos, landras, son de cor verde clara de entre 1'5 e 2 cm de lonxitude. Florece na primavera e as landras maduran no outono, as cales son utilizadas como alimento do gando e que antigamente, formaban parte da dieta dos primitivos pobos mediterráneos.


A aciñeira ten unha lonxevidade de 200 a 500 anos, e a súa madeira é moi dura, pesada, forte, resistente e de doada modelación, sendo empregada para facer rodas, en carpintaría, para combustible e carbón vexetal.




2 comentarios:

  1. Moi bo dossier sobre a árbore, teño que comunicarvos que según o historiador arqueólogo F.Calo Lourido é esta árbore(e non o carballo) o que era sagrada para os castrexos galaicos de Galicia e arredores.

    ResponderEliminar