martes, 31 de marzo de 2009

Salgueiro

O salgueiro é unha das árbores máis comúns na paisaxe galega, distribuíndose dende a costa ata os 1500 m. de altura.

O seu nome xenérico, Salix, que provén do celta sal (próximo) e lis (auga), é moi indicativo dos lugares onde podemos atopalo: beiras de ríos e regatos, bordos de prados, brañas, turbeiras e en todos aqueles sitios onde os solos estén humidos durante todo o ano.

Coñecesen fosiles de salgueiro dende fai un millón de anos.

Esta continuidade no tempo, deu lugar a que ó seu carón coevolucionaran multitude de insectos que precisan da súa presencia para existir,sendo, despois do carballo e xunto co bidueiro, a árbore coa maior cantidade de especies dependentes.


Características



É unha árbor
e pequena que raramente acada os cinco metros de altura con tronco erecto e robusto. As polas son dereitas e alongadas con cortiza de cor gris ferruxe.


O salgueiro é unha especie dioica, o que quere decir que hai salgueros macho e femia.




Etnoloxia


Ó salgueiro e a outras especies do xénero Salix atribuíronselle en Centroeuropa moitas virtudes máxicas e feiticeiras. Proba disto é que a palabra inglesa witch( bruxa, meiga) deriva do nome inglés que designa xenericamente ós salgueiros (willow). En moitas partes de Europa era debaixo do salgueiro onde as meigas, fadas e demais personaxes escuras levaban a cabo os seus feitizos. En Asturias utilizábanse polas de salgueiro para romper feitizos e quitar do corpo diferentes males e doenzas. Pola contra, no noso País, non atopamos no salgueiro ningunha propiedade máxica agás a virtude, compartida por outras árbores, de servir ós poceiros para a búsqueda da auga subterránea.

Un punto e aparte son as propiedades medicinais do salgueiro, xa descubertas por Hipócrates (século IV a.C.) para tratar as febres e as dores de cabeza, e que fixo que un dos primeiros traballos científicos sobre as propiedades medicinais dunha árbore, fora realizado en 1763 sobre a cortiza do salgueiro.