miércoles, 8 de abril de 2009

Freixo


O freixo (Fraxinus excelsior) é unha árbore polígama de ata 30-40 m .Presenta un tronco dereito e cilíndrico cunha cortiza lisa e verde grisácea nos exemplares novos que se volve parda escura, rugosa e gretada nos exemplares adultos. A copa é alta, ovoide, estendida e pouco ramalluda.
Esta especie é orixinaria de Europa e o oeste de Asia, habita en sebes, ribeiras e bosques con solos frescos e profundos. É abondosa no norte da Galiza.


Descrición :

As follas do freixo son dun tamaño que oscila entre os 20 e os 30 centímetros, caedizas, compostas de 9 a 13 folíolos cada un, , verdes escuras na face e máis pálidas no envés. As follas, ó caer, adquiren unha tonalidade amarelenta moi chamativa.
As flores son de distintos tipos, unhas unisexuais e outras hermafroditas, pouco vistosas, amarelo-verdosas ou púrpuras, pequenas (2 mm),.
O froito é unha sámara , con á lanceolada, truncada ou escotada no ápice, arredondada na base, primeiro verde e despois parda. A semente madura a finais do verán.


Usos medicinais :
As follas en infusión téñense empregado como laxante e diurético, e tamén para combater as enfermidades renais e o reuma. A cortiza pode empregarse para baixar a febre e tamén como aromática, aperitiva, tónica e expectorante. Para cura-la dor de cabeza úsanse infusións da casca maumiña de freixo.

Usos tradicionais :

É unha especie leñosa importante na formación da paisaxe, empregada como ornamental, para o que se seleccionan moitas variedades. A madeira empregouse tradicionalmente na construción de carros e outros apeiros de labranza, en xeral aqueles elementos que requiren robustez e flexibilidade como os mangos ou os eixos dos carros.
A leña desta árbores é moi bo combustíbel e dá un carbón de primeira calidade xa que arde mesmo estando verde. As varas empréganse na cestería, e as follas como forraxe, moi apreciada para o engorde do gando.

No hay comentarios:

Publicar un comentario