jueves, 9 de abril de 2009

Capudre (Sorbus aucuparia L.)

É una árbore anxioesperma da familia das rosáceas. Pode acadar ata 8 ou 10 metros. Trátase dunha árbore pequena.

O capudre en flor e doado de identificar, como dice o outro non ten perda, onde se da é único. Xa sin flor e pelado é outra historia. As follas son bastante típicas, caedizas, alternas, imparipinnandas, compostas de 11-15 foliolos de entre 2-6 cm. cada un, lanceoladas, arredondeadas na base, agudos no ápice, dentados, dun verde claro na face.

Trátase dunha árbore de alta montaña, vese moito nos Pirineos e por suposto nas montañas de Ourense (invernadeiro, Chandrexa, Xurés, Pena Trevinca...) e o Courel en Lugo. Abunda moito en moitas zonas de Ourense. Concretamente na zona de Chandrexa, xunto o río Navea hai moitos. Tamén na zona do Invernadeiro, Verín, etc.

As flores: son racimos pequenos, moi olorosas, de cor branco. Florecen entre maio e xuño.

O froito: é como un racimiño, globoso, primeiro amarelo e logo pode ser vermello como se mostra na fotografía. O froito pode permanecer durante todo o inverno.

O tronco: é dereito e a cáscara tena clara e agrisada.

O interés: Moi estimada dende o punto de vista ornamental, xa que o seu froito dura moito tempo. A madeira é dura, e polo tanto é aproveitada por torneiros e ebanistas.Como medicinal os froitos teñen capacidades ou propiedades diuréticas.O froito non é comestible pero hai moitas aves que o aproveitan na súa dieta.


No hay comentarios:

Publicar un comentario