miércoles, 8 de abril de 2009

Freixo


O freixo (Fraxinus excelsior) é unha árbore polígama de ata 30-40 m .Presenta un tronco dereito e cilíndrico cunha cortiza lisa e verde grisácea nos exemplares novos que se volve parda escura, rugosa e gretada nos exemplares adultos. A copa é alta, ovoide, estendida e pouco ramalluda.
Esta especie é orixinaria de Europa e o oeste de Asia, habita en sebes, ribeiras e bosques con solos frescos e profundos. É abondosa no norte da Galiza.


Descrición :

As follas do freixo son dun tamaño que oscila entre os 20 e os 30 centímetros, caedizas, compostas de 9 a 13 folíolos cada un, , verdes escuras na face e máis pálidas no envés. As follas, ó caer, adquiren unha tonalidade amarelenta moi chamativa.
As flores son de distintos tipos, unhas unisexuais e outras hermafroditas, pouco vistosas, amarelo-verdosas ou púrpuras, pequenas (2 mm),.
O froito é unha sámara , con á lanceolada, truncada ou escotada no ápice, arredondada na base, primeiro verde e despois parda. A semente madura a finais do verán.


Usos medicinais :
As follas en infusión téñense empregado como laxante e diurético, e tamén para combater as enfermidades renais e o reuma. A cortiza pode empregarse para baixar a febre e tamén como aromática, aperitiva, tónica e expectorante. Para cura-la dor de cabeza úsanse infusións da casca maumiña de freixo.

Usos tradicionais :

É unha especie leñosa importante na formación da paisaxe, empregada como ornamental, para o que se seleccionan moitas variedades. A madeira empregouse tradicionalmente na construción de carros e outros apeiros de labranza, en xeral aqueles elementos que requiren robustez e flexibilidade como os mangos ou os eixos dos carros.
A leña desta árbores é moi bo combustíbel e dá un carbón de primeira calidade xa que arde mesmo estando verde. As varas empréganse na cestería, e as follas como forraxe, moi apreciada para o engorde do gando.

martes, 7 de abril de 2009

Bidueiro

A bidueira, bidueiro ou bido (Betula pubescens) é unha árbore da familia das betuláceas que medra nas zonas húmidas.
Esta árbore en Galicia está presente na práctica totalidade do territorio, ainda que é moi frecuente nas montañas de Chandrexa de Queixa, no río Navea.

O bidueiro resiste condicións climáticas duras, como fríos invernais intensos, ventos e nevadas. É moi resistente a xeadas e alcanza en Galicia cotas non superadas por ningunha outra frondosa, chegando aos 1700 m. O temperamento do bidueiro é de luz, polo que non lle vai ben a cuberta arbórea, ademais de considerarse unha especie de temperamento robusto e colonizadora pouco lonxeva, xa que non excede dos 130 anos.


Caracteristicas :
O bidueiro alcanza normalmente os 15 - 20 m de altura, presentando copa redondeada que produce pouca sombra.
O tronco é recto ou lixeiramente inclinado. A cortiza é lisa, branca ou plateada, con raias horizontais surcadas de fendas negras con sucos moi fondos e grosos nós. As raíces son pouco profundas e estendidas.
As follas teñen unha forma triangular con pecíolos moi longos. Son moi delgadas, lixeiras e dentadas con face verde escuro brillante, máis claro no envés. Tornan a cor amarela no outono e os brotes son moi finos e verrugosos.
As flores masculinas son amentos longos de cor parda que vira a amarelo. As femininas son verdes, os amentos son máis curtos e viran ó amarelo cando maduran. Os froitos forman unha infrutescencia e desfanse con moita facilidade ó madurar.

Propiedades curativas e usos do bidueiro :

A madeira foi moi utilizada para fabricar moveis, xoguetes e zocos, e as follas servian como alimento dos rabaños.
Coa sabia desta arbore facíase viño e cerveza, ademais de ser empregada en lugar do azucre polos pobos do norte europeo.
Tamén esta sabia tense utilizado contra as inflamacións renais e da vexiga e para disolver cálculos dos ríls.
A cortiza do bidueiro ten propiedades diuréticas, tónicas e antisépticas, polo que é moi recomendada para enfermidades da pel ou reuma. Tamén pode calmar as dores musculares.

Emprego do bidueiro nas antigas civilizacións :
Para moitos pobos europeos o bidueiro é unha árbore sagrada que simboliza o sol pero tamén a lúa pola cor da súa cortiza. É tamén a árbore da sabedoría e a iluminación. Nos países escandinavos o nacemento das follas indicaba o momento de sementa-lo trigo. Para os chamáns, tanto da Siberia como dos pobos americáns, era o garda da porta da sabedoría.
Para os celtas simbolizaba o ano novo xa que era a primeira letra do alfabeto druídico ogham.
Durante a Idade Media foi asociado coa bruxeiría porque baixo del medraba o fungo Amanita muscaria, que era alucinóxeno, e tamén coa idea de que as basoiras das bruxas estaban feitas coa madeira desta árbore.


Bidueiro/Beth

Purificacion, limpeza,novos comenzos





lunes, 6 de abril de 2009

Cerquiño

A sobreira (Quercus suber) é unha árbore da familia do carballo e a aciñeira (as fagáceas, antes cupulíferas, integrada por 450 especies e con case tódolos seus xéneros boreais),
Botanicamente é unha árbore monoica, de folla simple (entre 2,5 e 10 cm de longo e entre 1,2 e 6,5 cm de ancho), de forma denticular, alterna, pere
nne, verde escura, con nerviación principal algo sinuosa e nerviación secundaria composta por entre 5 e 8 pares de canais, sen pelos e con estípulas caducas. As súas flores son unisexuais
Ademais de cultivada, a sobreira é unha especie natura
l e autóctona de galicia: inda que é espontánea en moitos puntos de España e Portugal onde formou frondosos bosques en asociación con outras especias de quercíneas (quercetum), por iso mesmo se ten dito moitas veces que é unha árbore de clima mediterráneo.
Se ben a influencia mediterránea nos vales interiores de Galicia e ó norte da cidade portuguesa de Porto é incontestable, non cabe tampouco dúbida que o clima galego e do norte de Portugal é eminentemente atlántico.


Interes industrial:
Debido á súa casca formada como cortiza, a sobreira
cultivouse dende hai tempo para a súa extracción. A operación denomínase tamén pela, e non é mortal para a árbore (e non ten por que ser prexudicial se se realiza correctamente, inda que a árbore o sufre de xeito metabólico e fisiolóxico). A causa de que saia indemne é que o especime volve a producir unha nova casca protectora de cortiza a partires da capa inmediatamente interior á extraída. Cada oito a doce anos reprodúcese o espesor da capa de cortiza, en cada ciclo consecutivo con maior calidade cada vez.A cortiza utilízase coma illante térmico e sonoro con aplicacións moi diversas, pero o seu uso principal é a produción de rollas para o peche de botellas. A calidade da cortiza é proporcional á dificultade da súa produción e ó seu valor, e os embotelladores escóllena en función da bebida que se debe conservar.






Espiño

O espiño (Crataegus Monogyna) soe ser un arbusto de entre 2 e 4 metros de altura, pero se se deixa pódese converter nunha árbore de 10 ou 12 metros e vivir 500 anos.Aínda hoxe se poden atopar nos bosques galegos e nos lindeiros dos prados.
O uso principal do espiño branco ou albar céntrase nos beneficios que produce no corazón.
Aproivéntanse as súas frores frescas ou secas. Os seus froitos tamén son comestibles, aínda que polo seu sabor fariñento e de escasa pulpa, non resultan moi exquisitos, pero son ricos en vitamina C.As follas tenras teñen un lixeiro sabor a noces e pódese engadir ás ensaladas.
O espiño branco como medicinal:
O seu principal uso céntrase nas súas propiedades cardiotónicas ( reforza, retarda e regula o latido do corazón). A infusión das flores está especialmente indicada na anxina de peito, arritmias e insuficiencia cardíaca. Recoméndase como tratamento despóis do infarto e como medida preventiva para mantelo corazón san en persoas sometidas a fortes tensións.
Tamén recoméndase para regular a tensión arterial, tanto si se ten alta como baixa.
O espiño branco posee propiedades ansióliticas (elimina a ansiedade), polo que resulta apropiado para aquelas persoas que o nerviosismo lles leva a padecer insomnio, angustia, taquicardia, stress, etc.

Cerdeira



A cerdeira (Prunus cerasus) é unha árbore que pertence á familia das rosacea e ao xénero Prunus
As froitas da cerdeira son ácidas e moitas veces de cor encarnada brillante. Existen grandes hortas comerciais desde a Península Ibérica até Anatolia e as cerdeiras cultívanse até Gran Bretaña e o sur de Escandinavia.

A madeira das cerdeiras é dura e de cor castaña clara, e úsase para a fabricación de mobles.
As cerdeiras plántanse moitas veces polas súas flores que aparecen na primavera. Unhas variedades ornamentais teñen os estames transformados en pétalos adicionais, así que non dan froitas senón que se cultivan só polo seu valor decorativo.

domingo, 5 de abril de 2009

Carballo

O carballo é unha árbore caducifolia común en toda Galicia.

Precisan climas cun mínimo de humidade de 600 mm ó ano, dado que toleran moi mal as secas do verán.

Soportan baixas temperaturas, xeadas e poden estar en solos pesados e arxilosos, chegando incluso a un encharcamento temporal.

Son árbores robustas que poden chegar a alcanzar os 40 metros de alto, ainda que necesitan luz para un bo crecemento.

Os froitos (landras) son aquenios protexidos por unha cúpula de escamas planas. O conxunto recibe o nome de glande.

Son árbores lonxeveas que poden sobrepasar os 600 anos de vida.

É unha especie en regresión debido a influencia human, dado que é unha especie de lento crecemento, estase a sustituir por piñeiros e eucaliptos, os cales teñen un crecemento moito máis rápido.



Usos do carballo:

A súa madeira é dura, de boa calidade e de dificil putrefacción, polo que se usan na ebanisteria e carpintería.

En tempor pasados utilizábase na fabricación das travesas do ferrocarril.

A cortiza tamén era utilizada para curtir peles.


O carballo na mitoloxia:

Nas tradicións europeas o carballo era considerada unha árbore máxica e lexendaria: era a máis grande, a máis forte, a árbore escoillida polos deuses.

Dise que o carballo precedeu ó home na creación.

Segundo os celtas, tódalas grandes reunións debian producirse debaixo dun carballo. O culto desta árbore era como o culto ó fogar.

Tamén o visco de carballo era recollido cunha grande cerimonia polos druidas, que logo da maceración, repartían esta 'auga lustral' para sanar enfermidades e protexer dos males.


sábado, 4 de abril de 2009

CASTIÑEIRO

Non se sabe con certeza cándo apareceron os primeiros castiñeiros en Galicia aínda que se sabe que a enfermidade da tinta ocasionou a morte de moitos destes en Europa. En Galicia a súa incidencia foi especialmente forte arredor do ano 1.920.
En Galicia as maiores masas de Castiñeiros atópanse actualmente nas montañas dos Ancare
s e do Caurel pero tamén podemos atopar soutos moi fermosos na provincia de Ourense, por exemplo na zona de Trives-Manzaneda, ou na zona de Laza.
En Galicia é moi frecuente atopar castiñeiros demoucados. Son castiñeiros que se cortan a unha altura de unos dous metros dende o chau, para aproveitarlle a madeira, e que logo voltaron a botar novos paus, que de novo se van cortando periódicamente. Así formase un castiñeiro con un pé moi gordo e vello, de dous a catro metros de altura, e logo con uns cantos paus mais novos que medran por enriba deste pé.


Castiñeiros máis lonxevos de Galicia :
En Galicia dise que o castiñeiro máis vello é o de os Pombariños, no concello de Manzaneda (Ourense). Calcúlase que ten arredor de 1.000 anos e que o seu pé ten unha circunferencia de 13,85 metros.
Tamén son sonados os Castiñeiros de Quintela, que teñen arredor de 200 anos e destacan pola súa altura que nalgún caso sobrepasa os 30 metros, e un fermoso souto con varios castiñeiros centenarios, entre os que se atopa o castiñeiro das Millaras en Laza, Ourense.

Os froitos do castiñeiro: ecoloxía, madeira e castaña
O castiñeiro ten hoxe un doble valor: ecolóxico e económico.
Valor ecolóxico: As follas do castiñeiro caen, pudren, e fan solo, aumentando a capa de humus. Arredor do castiñeiro desenrólanse moitas especies vexetais. A castaña sirve de alimento a moitos animais salvaxes, a sombra dun castiñeiro é boa e fresca, e os soutos de castiñeiros dan lugar a paisaxes fermosas que enriquecen o patrimonio natural de Galicia.
Valor económico: a madeira e as castañas.
A madeira de castiñeiro é unha madeira noble, boa, fermosa, e moi duradeira. En Galicia foi usada tradicionalmente para as vigas ou traves da casa .... O baldaquino da nave central da catedral de Santiago e a sillería do coro están feitos con madeira de castiñeiro. Ademais, a castaña sigue tendo importancia na alimentación.
O castiñeiro é unha especie monoica, e por iso un mesmo castiñeiro bota flores masculinas (candeas) e flores femeninas (que están agochadas na base das candeas). A fecundación das femeninas polo polen das masculinas da orixe ós urizos e ás castañas. E das flores dos castiñeiros tamén obteñen as avellas moito polen e nectar para facer mel.
O futuro do castiñeiro :
En Europa, o abandono do cultivo agrícola en moitas terras pode dar lugar a que nelas se pranten castiñeiros polo que podería ter moito futuro.
Se o castiñeiro leva 40 millóns de anos vivindo niste Planeta , seguramente, "mentras haxa Terra haberá castiñeiros".