Precisan climas cun mínimo de humidade de 600 mm ó ano, dado que toleran moi mal as secas do verán.
Soportan baixas temperaturas, xeadas e poden estar en solos pesados e arxilosos, chegando incluso a un encharcamento temporal.
Son árbores robustas que poden chegar a alcanzar os 40 metros de alto, ainda que necesitan luz para un bo crecemento.
Os froitos (landras) son aquenios protexidos por unha cúpula de escamas planas. O conxunto recibe o nome de glande.
É unha especie en regresión debido a influencia human, dado que é unha especie de lento crecemento, estase a sustituir por piñeiros e eucaliptos, os cales teñen un crecemento moito máis rápido.
Usos do carballo:
A súa madeira é dura, de boa calidade e de dificil putrefacción, polo que se usan na ebanisteria e carpintería.
En tempor pasados utilizábase na fabricación das travesas do ferrocarril.
A cortiza tamén era utilizada para curtir peles.
Nas tradicións europeas o carballo era considerada unha árbore máxica e lexendaria: era a máis grande, a máis forte, a árbore escoillida polos deuses.
Dise que o carballo precedeu ó home na creación.
Segundo os celtas, tódalas grandes reunións debian producirse debaixo dun carballo. O culto desta árbore era como o culto ó fogar.
Tamén o visco de carballo era recollido cunha grande cerimonia polos druidas, que logo da maceración, repartían esta 'auga lustral' para sanar enfermidades e protexer dos males.
No hay comentarios:
Publicar un comentario