lunes, 25 de mayo de 2009
Distribución das principais especies arboreas.
domingo, 26 de abril de 2009
Teixo(Taxus baccata)
As flores son unisexuais e nacen en pés diferentes. As masculinas forman inflorescencias pequenas de cor amarela palida e brotan sobre as axilas das follas. As femeninas nacen illadas no extremo dos brotes, están reducidas a un óvulo envolto por brácteas.
É unha árbore moi lonxeva e gosta de lugares sombrizos.
Todas as partes do teixo son venenosas agás o arilo que recobre a semente. Contén un alcaloide, a taxina, que produce a morte en pouco tempo.
Conta a lenda que os galaicos do Monte Medulio suicidaronse tomando unha beberaxe feita con frotios de teixo para non ter que rendirse ante os romanos.
Usos:
-Madeira: A madeira é de boísima calidade e resiste moi ben a podremia, polo que se usaba para a construcción de barcos, vigas, arcos, rodas de carro, etc.
-Casca: dela extraeuse unha substancia, o taxol, que actúa como anticanceríxeno.
-Follas: usáronse como antídoto contra as mordeduras de víbora, contra a rabia e como abortivo.
sábado, 25 de abril de 2009
Rebolo
Dentro de España está moi estendido, presentándose en case todas as provincias.
É unha árbore robusta, caducifolia, con talla moderada, de 4-25 m e copa ancha e irregular e que se atopa normalmente dende 400 a 1600 m.
Ten unha cortiza de cor parda e unhas follas pinnatífidas, pubescentes. Son simples, alternas, marcescentes, cenicento-rosadas; moi tomentosas de xoves e despois verde escuras.
As follas secas permanecen na árbore gran parte do inverno sendo resistentes ao caer ao chan.
Pode vivir entre 500 e 600 anos e ten un destacable papel protector nas montañas silíceas.
É unha árbore escasa e está en perigo de desaparición xa que foi sometida a talas abusivas e ten unha gran competencia coas especies foráneas.
Soporta ben as xeadas e é menos esixente en canto a humidade que outras árbores da Península.
Encóntrase case sempre en zonas umbrías e é unha especie de media luz. Prefire chans silíceos puros ou en mistura coa arxila.
Froito en bellota, sentada sobre un longo pedúnculo; a cúpula é vellosa, coas escamas curtas, pouco ou nada saíntes.
Froito aquenio, cuberto na base pola cúpula acrescente.
Os froitos maduran a comezos do outono e cando caen ao chan poden rebrotar con facilidade e formar masas arbustivas arredor.
Utilidades :
É pouco útil para a construción e os seus ramos úsanse como alimento de animais pactantes.
Pradairo
Florece entre 20 a 25 anos, en abril e maio. Os froitos aparecen a finais do verán e mantéñense bastante na árbore.
Prefire chans ricos e, sobre todo, calizos. Polo xeral aparece en poboacións espalladas no medio doutras especies,
nomeadamente acompañando faias e abetos. En Galicia pode verse no interior á beira de ríos e regatos e nos parques e alamedas.
É unha árbore grande, de talo lanzal, que pode acadar 35 m de altura e un diámetro duns 3,5 m ( a 1,5 m sobre o chan).
A cortiza é de primeiras dun gris amarelento, logo gris avermellado, e pode escamar en placas grandes.
As follas son opostas (como en todas as árbores do xénero acer), caducas, palmeadas con cinco lobos en punta, de dentes romos, separados por seos agudos. Estas follas, de pecíolo longo, son verde-escuras na cara superior e verde-glauco no anverso,onde mostran pelos nos nervos.
As flores de cor verde-amarelo, agrupadas en corimbos, aparecen antes que as follas. Teñen 5 sépalos, 5 pétalos e 8 estames.
Os froitos son en sámara con ás largas e pregadas, formando ángulo recto.
Utilación :
O pradairo, como autros arces, cultívase como planta ornamental.A madeira, branca e bastante dura, úsase en carpintería e en torneados.
Un emprego salientable é para fabricación de instrumentos musicais.En tempos utilizouse para facer zocas.
Fornece tamén unha execelente madeira para queimar.
Mitoloxia :
Segundo a tradición alemá as cigoñas engadían ponlas de pradairos para evitar a esterilidade que lle traían os morcegos.
Na mitoloxía húngara está asociado cos malos recordos e a melancolía. Segundo a lenda un pastor fixo unha frauta cunha ponla dun pradairo, e ao tocala contaba a historia dunha princesa asasinada por envexa polas fillas do rei e que este soterrou baixo o pradairo.
jueves, 9 de abril de 2009
Capudre (Sorbus aucuparia L.)
É una árbore anxioesperma da familia das rosáceas. Pode acadar ata 8 ou 10 metros. Trátase dunha árbore pequena.
O capudre en flor e doado de identificar, como dice o outro non ten perda, onde se da é único. Xa sin flor e pelado é outra historia. As follas son bastante típicas, caedizas, alternas, imparipinnandas, compostas de 11-15 foliolos de entre 2-6 cm. cada un, lanceoladas, arredondeadas na base, agudos no ápice, dentados, dun verde claro na face.
Trátase dunha árbore de alta montaña, vese moito nos Pirineos e por suposto nas montañas de Ourense (invernadeiro, Chandrexa, Xurés, Pena Trevinca...) e o Courel en Lugo. Abunda moito en moitas zonas de Ourense. Concretamente na zona de Chandrexa, xunto o río Navea hai moitos. Tamén na zona do Invernadeiro, Verín, etc.
As flores: son racimos pequenos, moi olorosas, de cor branco. Florecen entre maio e xuño.
O froito: é como un racimiño, globoso, primeiro amarelo e logo pode ser vermello como se mostra na fotografía. O froito pode permanecer durante todo o inverno.
O tronco: é dereito e a cáscara tena clara e agrisada.
O interés: Moi estimada dende o punto de vista ornamental, xa que o seu froito dura moito tempo. A madeira é dura, e polo tanto é aproveitada por torneiros e ebanistas.Como medicinal os froitos teñen capacidades ou propiedades diuréticas.O froito non é comestible pero hai moitas aves que o aproveitan na súa dieta.
miércoles, 8 de abril de 2009
Ameneiro
A floración prodúcese antes de aparecé-las follas. Os amentos masculinos, de 5 a 10 cm, son delgados, cilíndricos e pendulares, de cor avermellada e os femininos son máis pequenos (2 cm),de cor marrón escura a negra, duros e gardando certa similitude coas coníferas.
O carbón vexetal producido da súa madeira empregouse na fabricación de pólvora.
O amieiro resiste ben a auga por eso se utilizaba moito nos muíños pontes, etc, e tamén como madeira para as famosas zocas.
Aparte é astrinxente, febrífugo, antirreumático e antihemorráxico.
Aciñeira
Freixo
Esta especie é orixinaria de Europa e o oeste de Asia, habita en sebes, ribeiras e bosques con solos frescos e profundos. É abondosa no norte da Galiza.
As flores son de distintos tipos, unhas unisexuais e outras hermafroditas, pouco vistosas, amarelo-verdosas ou púrpuras, pequenas (2 mm),.
O froito é unha sámara , con á lanceolada, truncada ou escotada no ápice, arredondada na base, primeiro verde e despois parda. A semente madura a finais do verán.
A leña desta árbores é moi bo combustíbel e dá un carbón de primeira calidade xa que arde mesmo estando verde. As varas empréganse na cestería, e as follas como forraxe, moi apreciada para o engorde do gando.
martes, 7 de abril de 2009
Bidueiro
Esta árbore en Galicia está presente na práctica totalidade do territorio, ainda que é moi frecuente nas montañas de Chandrexa de Queixa, no río Navea.
As follas teñen unha forma triangular con pecíolos moi longos. Son moi delgadas, lixeiras e dentadas con face verde escuro brillante, máis claro no envés. Tornan a cor amarela no outono e os brotes son moi finos e verrugosos.
As flores masculinas son amentos longos de cor parda que vira a amarelo. As femininas son verdes, os amentos son máis curtos e viran ó amarelo cando maduran. Os froitos forman unha infrutescencia e desfanse con moita facilidade ó madurar.
Propiedades curativas e usos do bidueiro :
Coa sabia desta arbore facíase viño e cerveza, ademais de ser empregada en lugar do azucre polos pobos do norte europeo.
Tamén esta sabia tense utilizado contra as inflamacións renais e da vexiga e para disolver cálculos dos ríls.
Emprego do bidueiro nas antigas civilizacións :
Para os celtas simbolizaba o ano novo xa que era a primeira letra do alfabeto druídico ogham.
Durante a Idade Media foi asociado coa bruxeiría porque baixo del medraba o fungo Amanita muscaria, que era alucinóxeno, e tamén coa idea de que as basoiras das bruxas estaban feitas coa madeira desta árbore.
lunes, 6 de abril de 2009
Cerquiño
Botanicamente é unha árbore monoica, de folla simple (entre 2,5 e 10 cm de longo e entre 1,2 e 6,5 cm de ancho), de forma denticular, alterna, perenne, verde escura, con nerviación principal algo sinuosa e nerviación secundaria composta por entre 5 e 8 pares de canais, sen pelos e con estípulas caducas. As súas flores son unisexuais
Ademais de cultivada, a sobreira é unha especie natural e autóctona de galicia: inda que é espontánea en moitos puntos de España e Portugal onde formou frondosos bosques en asociación con outras especias de quercíneas (quercetum), por iso mesmo se ten dito moitas veces que é unha árbore de clima mediterráneo.
Se ben a influencia mediterránea nos vales interiores de Galicia e ó norte da cidade portuguesa de Porto é incontestable, non cabe tampouco dúbida que o clima galego e do norte de Portugal é eminentemente atlántico.
Interes industrial:
Debido á súa casca formada como cortiza, a sobreira cultivouse dende hai tempo para a súa extracción. A operación denomínase tamén pela, e non é mortal para a árbore (e non ten por que ser prexudicial se se realiza correctamente, inda que a árbore o sufre de xeito metabólico e fisiolóxico). A causa de que saia indemne é que o especime volve a producir unha nova casca protectora de cortiza a partires da capa inmediatamente interior á extraída. Cada oito a doce anos reprodúcese o espesor da capa de cortiza, en cada ciclo consecutivo con maior calidade cada vez.A cortiza utilízase coma illante térmico e sonoro con aplicacións moi diversas, pero o seu uso principal é a produción de rollas para o peche de botellas. A calidade da cortiza é proporcional á dificultade da súa produción e ó seu valor, e os embotelladores escóllena en función da bebida que se debe conservar.
Espiño
O uso principal do espiño branco ou albar céntrase nos beneficios que produce no corazón.
Aproivéntanse as súas frores frescas ou secas. Os seus froitos tamén son comestibles, aínda que polo seu sabor fariñento e de escasa pulpa, non resultan moi exquisitos, pero son ricos en vitamina C.As follas tenras teñen un lixeiro sabor a noces e pódese engadir ás ensaladas.
O espiño branco como medicinal:
O seu principal uso céntrase nas súas propiedades cardiotónicas ( reforza, retarda e regula o latido do corazón). A infusión das flores está especialmente indicada na anxina de peito, arritmias e insuficiencia cardíaca. Recoméndase como tratamento despóis do infarto e como medida preventiva para mantelo corazón san en persoas sometidas a fortes tensións.
Tamén recoméndase para regular a tensión arterial, tanto si se ten alta como baixa.
O espiño branco posee propiedades ansióliticas (elimina a ansiedade), polo que resulta apropiado para aquelas persoas que o nerviosismo lles leva a padecer insomnio, angustia, taquicardia, stress, etc.
Cerdeira
A cerdeira (Prunus cerasus) é unha árbore que pertence á familia das rosacea e ao xénero Prunus
As froitas da cerdeira son ácidas e moitas veces de cor encarnada brillante. Existen grandes hortas comerciais desde a Península Ibérica até Anatolia e as cerdeiras cultívanse até Gran Bretaña e o sur de Escandinavia.
A madeira das cerdeiras é dura e de cor castaña clara, e úsase para a fabricación de mobles.
As cerdeiras plántanse moitas veces polas súas flores que aparecen na primavera. Unhas variedades ornamentais teñen os estames transformados en pétalos adicionais, así que non dan froitas senón que se cultivan só polo seu valor decorativo.
domingo, 5 de abril de 2009
Carballo
Precisan climas cun mínimo de humidade de 600 mm ó ano, dado que toleran moi mal as secas do verán.
Soportan baixas temperaturas, xeadas e poden estar en solos pesados e arxilosos, chegando incluso a un encharcamento temporal.
Son árbores robustas que poden chegar a alcanzar os 40 metros de alto, ainda que necesitan luz para un bo crecemento.
Os froitos (landras) son aquenios protexidos por unha cúpula de escamas planas. O conxunto recibe o nome de glande.
É unha especie en regresión debido a influencia human, dado que é unha especie de lento crecemento, estase a sustituir por piñeiros e eucaliptos, os cales teñen un crecemento moito máis rápido.
Usos do carballo:
A súa madeira é dura, de boa calidade e de dificil putrefacción, polo que se usan na ebanisteria e carpintería.
En tempor pasados utilizábase na fabricación das travesas do ferrocarril.
A cortiza tamén era utilizada para curtir peles.
Nas tradicións europeas o carballo era considerada unha árbore máxica e lexendaria: era a máis grande, a máis forte, a árbore escoillida polos deuses.
Dise que o carballo precedeu ó home na creación.
Segundo os celtas, tódalas grandes reunións debian producirse debaixo dun carballo. O culto desta árbore era como o culto ó fogar.
Tamén o visco de carballo era recollido cunha grande cerimonia polos druidas, que logo da maceración, repartían esta 'auga lustral' para sanar enfermidades e protexer dos males.
sábado, 4 de abril de 2009
CASTIÑEIRO
En Galicia as maiores masas de Castiñeiros atópanse actualmente nas montañas dos Ancares e do Caurel pero tamén podemos atopar soutos moi fermosos na provincia de Ourense, por exemplo na zona de Trives-Manzaneda, ou na zona de Laza.
En Galicia é moi frecuente atopar castiñeiros demoucados. Son castiñeiros que se cortan a unha altura de unos dous metros dende o chau, para aproveitarlle a madeira, e que logo voltaron a botar novos paus, que de novo se van cortando periódicamente. Así formase un castiñeiro con un pé moi gordo e vello, de dous a catro metros de altura, e logo con uns cantos paus mais novos que medran por enriba deste pé.
Tamén son sonados os Castiñeiros de Quintela, que teñen arredor de 200 anos e destacan pola súa altura que nalgún caso sobrepasa os 30 metros, e un fermoso souto con varios castiñeiros centenarios, entre os que se atopa o castiñeiro das Millaras en Laza, Ourense.
Se o castiñeiro leva 40 millóns de anos vivindo niste Planeta , seguramente, "mentras haxa Terra haberá castiñeiros".